Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
2
all day
Cinco alumnas de 3ºESO van participar a finais de semana, entre o 5 e o 8 de decembro, no Campionato Nacional de Orientación que se vai celebrar en Cáceres. Hoxe tivemos unha rolda de prensa no instituto onde lle explicaron aos medios como chegaron aquí e o que agardan da súa participación. Hai que agradecerlle ao concello do Porto do Son a súa colaboración, así como a ANPA do centro, e especialmente ás nais das rapazas e a profesora Alejandra que as vai acompañar, polo seu traballo de preparación nestos meses. Moitísimos parabéns a Indra, Noa, Claudia, María e Raquel e moita sorte no Campionato. https://www.youtube.com/watch?v=WKmUs3JvzLU&feature=youtu.be | 3
| 4
all day
O día de onte tivo lugar en Noia as probas de campo a través dentro do programa XOGADE. Os alumnos de 2ºESO competiron ao longo da mañá con outras nenas e nenos da comarca, polo que o 16º posto de Kevin Dean ben merece unha felicitación. Pasaron á seguinte fase un grupo de cadete feminino e outro masculino. Felicitamos aos rapaces polo seu bo comportamento e actitude na carreira. | 5
| 6
| 7
| 8
|