Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
2
| 3
| 4
Start: 04/04/2018 21:02
Despois de que o ciclo impartise unhas sesións de orientación na ESO, tocou chequearse a ver se se animaban a participar nunha carreira de orientación entre os institutos da zona. Mais de 400 orientadores/ras xuntánronse no parque da Cachada (Boiro), dos que case 50 eran alumnos/as do noso centro (sendo case a metade do noso grupo alumnAS de 1º ESO). Os/as alumnos/as do ciclo acompañaron os/as rapaces/zas facendo tareas de técnico. Fixérono estupendamente!! Por certo, conseguimos algunha medalla, noraboa a Lois, Valeria, Eloi e Nerea por eses resultados. Pero sobre todo noraboa a TODOS/AS por participar, por ser activos, por ter iniciativa, por esa boa actitude e por orientarvos!! Seguinte parada o Campionato Provincial de Orientación en Acea da Ma (Culleredo, A Coruña). Se queredes ver todas as fotos pinchade aquí. | 5
Start: 05/04/2018 17:40
O Ciclo e alumnos/as de 4º ESO acudiron a IV XORNADA XUVENTUDE E EMPREGO, organizada polo Concello de Porto do Son. O tema abordado este ano foi o tema interdisciplinar do centro deste curso: a COMUNICACIÓN. Que importante a comunicación!! Importantísima nas nosas vidas, nas nosas profesións. Tivemos unha sesión práctica sobre "Ferramentas de Comunicación e Oratoria" (impartida por Alejandra Sánchez Barge) e posteriormente unha mesa redonda co tema "A importancia da comunicación no ámbito persoal e profesional: habilidade, estratexias e ferramentas". Cerramos a xornada coa actuación musical de Thais Rudiño (finalista do programa La Voz e participante na mesa redonda da xornada). Podedes ver mais fotos premendo aquí. | 6
| 7
| 8
|