Eventos
O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre consecuencias da violencia de xénero, impartida por Pilar Díaz Burgos, técnica en violencia de xénero e traballadora no Centro de Recuperación Integral (CRI). Esta actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación.
A relatora expuso conceptos básicos coa finalidade de difundir sinais que permitan detectar novas formas de violencia invisible na mocidade. Mostrounos diferentes campañas de sensibilización. E, como non, subliñou a importancia da educación, eixe fundamental para reeducar as novas xeracións.
Neste programa da RTVG podedes escoitala:
10 de decembro de 2017: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O día 5 de decembro, co motivo do Día Internacional do Voluntariado, o equipo de correspondentes xuvenís deu a coñecer o seu traballo ao resto da comunidade educativa cunha mesa informativa situada na entrada principal do IES PORTO DO SON. Os correspondentes interactuaron co resto do alumnado funcionando como antenas informativas. Esta actividade foi promovida pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración co Departamento de Orientación (Correspondentes xuvenís).
Seguimos cos temas da Comunicación e a Convivencia! Grazas chic@s pola vosa implicación!!!!
Cos enredos de exames e a ponte, aínda traemos hoxe aquí a nova: estamos entre os 20 centros seleccionados pola Consellería para participar no programa "RADIO NA BIBLIO". Xa que andamos co tema da COMUNICACIÓN, habemos facer bo uso desta oportunidade que permitirá que profesorado e alumnado nos formemos para dar pulo á PALABRA!!!
Primeira avaliación ESO, 1º Bach.
Durante a mañá o alumnado de 2º de ESO realizará a ruta dende a praia do Dique ata o IES. A saída forma parte do proxecto "Botellas con mensaxe" que se desenvolve en 1º e 2º de ESO.
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar
Actividades de 8:20h a 11:30h
De 8:20h a 9:10h
-
O alumnado de 1º de ESO exporá aos seus compañeiros os proxectos elaborados en Plástica. Sala Perseveira.
De 9:10h a 10:15h aproximadamente o alumnado de 3º ESO A
e B de Francés fará Biscuits de Nöel no salón de
actos.
De 9:10h a 11:30h, actividades deportivas no polideportivo. (En 2º de bacharelato dedicirá a participación ou non).
Entrega de notas: ás 11:30h.
Ás 12:00h: saída dos autobuses.
Ás 12:15h, Claustro.
As notas da 1ª avaliación, serán entregadas aos alumnos polos seus titores, o día 21/12/2017
As vacacións de Nadal comezan o 22/12/2017, venres, e rematan o 7 de xaneiro 2018
O xoves 20 de decembro o alumnado de 2º de ESO fixo a súa segunda ruta para o traballo por proxectos: a RUTA DO MAR, A PEDRA E A MEMOIRA, dende a praia do Dique ata o IES . O ano pasado, A RUTA DA AUGA, do IES ata Cans, pasando pola Aguieira, como veñen de facer os rapaces e rapazas de 1º de ESO.
Foi unha xornada luminosa, o sol foi espallando a néboa da mañá. Esa luz especial que xorde da proximidade do mar e o Barbanza. Un agasallo para rematar o trimestre.
Comezamos no Dique. A experiencia de Pepe, o profesor de Educación Física, ía abrindo o grupo. 78 rapaces e rapazas que traballarán en varias materias esta ruta. Pouco a pouco, será un proxecto que irá enriquencéndose cos anos (se vai callando, claro). O entorno tranfórmase en aula na que traballar a natureza, o respecto e a responsabilidade que temos con ela e coas xeracións vindeiras (os efectos devastadores do lume saen ao encontro, inevitablemente. A memoria. O mar que é memoria, alimento, inspiración, temor, pero tamén traballo e futuro. A pedra conta lendas, conta arte, conta xeitos de vivir. Por aí andamos e andaremos en 2º de ESO neste 2018. Aquí vos deixamos algunhas imaxes: