Eventos
Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA.

Macías, compañeiro do departamento de Matermáticas, vén de agasallarnos cunha novidade editorial no centro: Lambda, “revista sobre matemáticas recreativas e curiosidades”. A UNESCO conmemora o10 de novembro o Día da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Nos centros escolares de Galicia, este mes de outono pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego. Este ano, a proposta de Igaciencia, lembramos dúas figuras: Darwin e Domingo Fontán. Do importantísimo labor deste último dáse conta na revista, xunto con curiosidades que han de facer que pasedes un rato ben agradable con ciencia CON CONCIENCIA, contada en galego. Podedes descargala co código QR.
O profesor do ciclo, David Gaciño, vén de gañar o Campionato Nacional de Colombia co cabalo "Elaboret". Parabéns para o noso compañeiro polo éxito!!!!
Aquí estamos, facendo pensar. Pensar na violencia exercida contra as rapazas, as alumnas, as fillas, as nais, as irmás, as avoas... Denunciar, interpelar, educar... para mudar a realidade!
DE CAMIÑO A CASA...
25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA.
Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA.
Educación para a saúde, charlas da Asociación Faraxa para 1º de ESO, 2º de ESO e 4º de ESO dentro do Plan de Acción Titorial.
Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA.
De 12:20h a 14:00h para o alumnado de 1º ESO, encontro con Alicia Borrás, arredor da lectura de Nata y Chocolate. Salón de actos. Actividade do departamento de Lingua Castelá.
Educación para a saúde, charlas da Asociación Faraxa para 1º de ESO, 2º de ESO e 4º de ESO dentro do Plan de Acción Titorial.
Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA.
Prevista para comezos do mes pasado, finalmente o alumnado do ciclo puido realizar a semana pasada a saída a Penatrevinca. Andando por esas terras de Ourense estiveron tamén na Cántara de A Moura e nas termas de Outariz.
Podedes seguir as súas actividades tamén no seu Facebook buscando por "Ciclo de Actividades Físicas no Medio Natural".
Sandra Becerra estivo o venres pasado co alumnado do ciclo. Forma parte do programa de actividades da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela "Dinamización e fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo": como saír da zona de confort, autoemprego, oportunidades dos medios tecnolóxicos, espectativas de futuro... Sen dúbida, unha xornada ben aproveitable!
Esta semana desenvolvemos algunhas das actividades arredor da educación afectivo-sexual que se enmarcan no Plan de Acción Titorial. Delas forman parte as charlas impartidas pola asociación Faraxa, dentro do seu plan de servizos educativos. A organización foi a seguinte:
1º de ESO: Educación afectivo-sexual.
2º de ESO: Desigualdades e violencias cotiás vinculadas ao xénero.
3º de ESO: Educación para a saúde. Enfermidades de transmisión sexual e métodos de protección.
Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA.
3º de ESO, Educación afectivo-sexual, pola asociación Renacer (Consellería). Actividade do Plan de Acción Titorial. Departamento de Orientación.
Seguimos con novas dos éxitos dos nosos compañeiros!!! Desta volta o galardoado é Raúl Soutelo, quen, xunto con José Manuel Vázquez Lijó, vén de gañar por segunda vez o PREMIO MANUEL MURGUÍA DE ENSAIO coa obra O Son que coñeceu Ramón Caamaño.
O xornal Sermos Galiza recolle a nova. Dende o IES dámoslles os parabéns polo recoñecemento ao esforzo no seu labor de investigación. O equipo de biblioteca, do que forma parte, súmase ás felicitacións e recoméndavos a lectura da súa obra As cartas do destino.
3 de decembro de 2017: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre consecuencias da violencia de xénero, impartida por Pilar Díaz Burgos, técnica en violencia de xénero e traballadora no Centro de Recuperación Integral (CRI). Esta actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación.
A relatora expuso conceptos básicos coa finalidade de difundir sinais que permitan detectar novas formas de violencia invisible na mocidade. Mostrounos diferentes campañas de sensibilización. E, como non, subliñou a importancia da educación, eixe fundamental para reeducar as novas xeracións.
Neste programa da RTVG podedes escoitala:
10 de decembro de 2017: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O día 5 de decembro, co motivo do Día Internacional do Voluntariado, o equipo de correspondentes xuvenís deu a coñecer o seu traballo ao resto da comunidade educativa cunha mesa informativa situada na entrada principal do IES PORTO DO SON. Os correspondentes interactuaron co resto do alumnado funcionando como antenas informativas. Esta actividade foi promovida pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración co Departamento de Orientación (Correspondentes xuvenís).
Seguimos cos temas da Comunicación e a Convivencia! Grazas chic@s pola vosa implicación!!!!
Cos enredos de exames e a ponte, aínda traemos hoxe aquí a nova: estamos entre os 20 centros seleccionados pola Consellería para participar no programa "RADIO NA BIBLIO". Xa que andamos co tema da COMUNICACIÓN, habemos facer bo uso desta oportunidade que permitirá que profesorado e alumnado nos formemos para dar pulo á PALABRA!!!
Primeira avaliación ESO, 1º Bach.
Durante a mañá o alumnado de 2º de ESO realizará a ruta dende a praia do Dique ata o IES. A saída forma parte do proxecto "Botellas con mensaxe" que se desenvolve en 1º e 2º de ESO.
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar
Actividades de 8:20h a 11:30h
De 8:20h a 9:10h
-
O alumnado de 1º de ESO exporá aos seus compañeiros os proxectos elaborados en Plástica. Sala Perseveira.
De 9:10h a 10:15h aproximadamente o alumnado de 3º ESO A
e B de Francés fará Biscuits de Nöel no salón de
actos.
De 9:10h a 11:30h, actividades deportivas no polideportivo. (En 2º de bacharelato dedicirá a participación ou non).
Entrega de notas: ás 11:30h.
Ás 12:00h: saída dos autobuses.
Ás 12:15h, Claustro.
As notas da 1ª avaliación, serán entregadas aos alumnos polos seus titores, o día 21/12/2017
As vacacións de Nadal comezan o 22/12/2017, venres, e rematan o 7 de xaneiro 2018