Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
16
Start: 16/10/2017 14:04
Información para nais e pais sobre: Estrutura orgánica do IES. Normas xerais de convivencia. Asociacións e representación de pais e alumnos. Claustro de profesores. Representantes do Consello Escolar. Actividades que se realizan no IES. Horario académico do centro. Horario de visitas e oficina. Plan de estudos: ESO Plan de estudos: Bacharelato. Formación profesional: Ciclo. Calendario de avaliacións.
Start: 16/10/2017 23:49
Xa hai uns anos Fanfarra de soños estivo connosco para levarnos ao mundo do teatro na radio. Este ano traballaremos o tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN e da súa man veñen xa os nosos primeiros pasos, grazas a esta actividade ofrecida dende a Área de Xuventude do Concello. O blog da biblioteca recolle este obradoiro no que o alumnado creo a peza Unha noite de Samaín. Ficamos á espera de poder escoitala! Podedes ler máis nesta entrada do blog da biblioteca: | 17
| 18
| 19
| 20
Start: 20/10/2017 19:44
Esta mañá a chuvia non foi quen de estropear a xornada de acollida para os rapaces e rapazas de 1º de ESO que organizou o alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, coordinado por Ánxela Doval, profesora do departamento de Filosofía. Estes preparáronlles xogos en diferentes espazos do centro. Trátase dunha actividade que forma parte do Plan de Acción Titorial que ten como obxectivo darlles a benvida ao centro e crear un sentimento de grupo que favoreza a convivencia ao longo do curso. Esta complementarase coa "Ruta da auga" que realizarán o luns que vén na que asentarán os primeiros chanzos para o traballo por proxectos. Este ano: COMUNICACIÓN (convivencia, diálogo, respecto...). É un pracer velos felices!!! Un ano máis, o esforzo dos mozos e mozas de Artes Escénicas fíxoo posible!!! Moitas grazas!!!!!!!
| 21
| 22
|