COVID

Xestión COVID

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS. CURSO 2020/21

 

As reunións terán lugar no salón de actos os días 10, 11 e 14 de setembro.
O aforo máximo é de 50 persoas, polo que nos vemos obrigados a citar ás familias segundo o calendario que se pode consultar neste enlace.
As familias con máis dun alumno matriculado no centro serán citadas unha única vez. Só poderá acudir unha persoa por familia, e farase o chamamento por orde de lista dende a porta asignada (A ou B segundo distribución especificada no calendario).
Os asistentes deberán respectar as medidas de protección e hixiene establecidas: uso da máscara, desinfección de mans á entrada do edificio e mantemento da distancia de seguridade.
Rógase puntualidade.