COVID

Xestión COVID

AVISO IMPORTANTE

1 de novembro de 2020

Estimadas familias.

No día de hoxe tivemos confirmación dun caso positivo da COVID-19 no noso centro.

Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias e educativas, ao longo do día porémonos en contacto a través de abalarMóbil coas familias de contactos estreitos e daremos as indicacións pertinentes sobre como actuar nesa situación.

Calquera outra información que poida ser de interese será transmitida á comunidade educativa o máis axiña posible.

A situación epidemiolóxica que estamos a vivir é complexa e difícil para todos, polo que rogamos prudencia e discreción.

Adxuntamos instrucións para o alumnado que se puidese ver obrigado a gardar corentena.

 

MODIFICACIÓN DO ANEXO IV DO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID NO IES PONTE CALDELAS.

28/10/2020 14:47

Despois da análise de diferente documentación, o equipo COVID do centro vai a modificar o anexo IV do protocolo, que se refire á autoavaliación que toda persoa da comunidade educativa debe facer antes de acudir ó centro educativo.

Na versión do protocolo do 16 de setembro, ó que se refire a Resolución do 22 de xullo, non se inclúe entre estes síntomas a dor de garganta (odinofaxia), mais temos observado que na documentación que empregan os profesionais sanitarios para trata o alumnado e persoas traballadoras de centros de ensino non universitario si está incluído este síntoma como un dos que, de aparecer, non debemos acudir ó instituto.

É por isto que modificamos esta autoavaliación e acompañamos a esta publicación o documento que xa recolle este síntoma.

Tamén queremos informar que a Consellería de Sanidade indica que as familias deben chamar ó centro de saúde/pediatra do alumno/a para explicar a presenza destes síntomas e solicitar unha cita ou proba diagnóstica. Despois da experiencia ata o de agora, sabemos que ás veces resulta difícil contactar co mesmo e é necesario moito tempo ó teléfono para ter unha resposta. Queremos informar que se os síntomas son graves, pódese chamar ó 061 e a Consellería de Sanidade tamén facilita un número para estes casos onde é difícil que nos atendan: 881002021.

 

 

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE O PROTOCOLO COVID NAS REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Nas reunións coas familias para a exposición do protocolo COVID-19 do noso centro xurdiron varias dúbidas que pode que moitas persoas da nosa comunidade educativa tamén teñan.

Como prometemos, acompañamos a esta publicaicón un documento coas preguntas que consideramos máis salientables e a súa resposta

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19

22/09/2020 15:55

Pódese consultar o Plan de adaptación ao contexto COVID-19 do centro no documento adxunto.

DECÁLOGO DE ACTUACIÓNS DAS FAMILIAS RESPECTO DO PROTOCOLO COVID

Adxuntamos o documento que visionamos nas diferentes reunións coas familias a semana pasada. E que nos pode servir como resumo da información facilitada respecto das nosas responsabilidades respecto do protocolo de adaptación á situación COVID-19 no IES Ponte Caldelas