Durante este mes de novembro celebraranse as eleccións para elixir os representantes do Consello Escolar: alumnado, nais/pais/titores legais, profesorado e persoal de administración e servizos.
CALENDARIO
RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
• Sorteo público dos/as membros da Xunta Electoral_21 de outubro
• Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais e alumnado_22 de outubro
• Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados_22 de outubro
• Admisión de candidaturas presentando no rexistro da secretaría do centro a candidatura_23 de outubro-4 de novembro
• Proclamación e posterior publicación provisional de candidaturas ás 14:30 horas_5 de novembro
• Reclamacións á proclamación de candidatos/as_6-7 de novembro
• Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación_8 de novembro
• Aprobación definitiva de censos electorais_8 de novembro
• Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais de pais/nais e alumnado_8 de novembro
• Votacións_19 de novembro
• Proclamación de candidatos/as elixidos/as_22 de novembro
• Constitución do Consello Escolar_26 de novembro