O luns 10 de xuño celebrouse a III Feira TecnoCienciArte do IES Perdouro. Nesta edición podíanse visitar 24 postos con diferentes experiencias e proxectos que saíron das aulas para que o alumnado puidese mostrar as súas aprendizaxes á comunidade educativa.
Aquí podedes ver máis fotos da feira.
Os postos deste curso incluían:
- Les Jeux Olympiques (Francés)
- Le Jeu de l'Alphabet e Les Victoires de la Musique (Francés)
- Intelixencia Artificial (Tecnoloxía)
- Robótica (Tecnoloxía)
- Enerxía solar fotovoltaica (Tecnoloxía)
- Luz + luz = escuridade? (Física)
- A pesca en Burela (Proxecto Competencial)
- A Guerra fría e a IIª Guerra Mundial (Xeografía e Historia)
- Oca Express (Relixión)
- Axencia de Viaxes e Caderno de Viaxes (Relixión)
- Tatoo Nails, Sweet Nails e Maquillaxe semipermanente (Imaxe Persoal)
- Estilismo masculino (Imaxe Persoal)
- O arco da vella (coloración capilar) e Peiteando (peiteados e recollidos) (Imaxe Persoal)
- Cremas faciais e osiños de xabón (Imaxe Persoal)
- EmoXogos do Perdouro (Benestar Emocional e Convivencia)
- Noria e Tangram (Tecnoloxía)
- Estruturas, electricidade, mecanismos e scape room Mulleres na Ciencia (Tecnoloxía)
- Impresión láser (Mecanizado)
- Domótica do fogar e obradoiro de soldadura (Electrónica)
- Badiahs galegas - peiteados con trenzas africanas e o seu significado (CB Servizos Administrativos)
- Badiahs galegas - peiteados con trenzas africanas e o seu significado (CB Servizos Administrativos)
- Elaboración de ecoinstrumentos, instrumentos musicais mecánicos e presentación de instrumentos musicais (Música)
- Instrumentos musicais, retratos picassianos e personaxes con texturas (Plástica)
- Mesas de cultivo e composteiros (Bioloxía)