Skip to Content

EXENCIÓN

EXENCIÓN DO MÓDULO DE FCT1

1. O módulo de FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa experiencia laboral, segundo se establece  na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A solicitude de exención formalizarase polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas para o módulo de FCT.

3. A exención poderá ser total ou parcial, dependendo da correspondencia que haxa entre a experiencia acreditada e os contidos do módulo formativo de FCT.

4. A exención requirirá, ademais de cumprir o requisito de experiencia laboral, a matrícula previa da alumna ou do alumno nun centro docente autorizado para impartir ensinanzas conducentes ao título do ciclo formativo correspondente.

5. Débese acreditar unha experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos. No caso de contratos a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano a tempo completo.

6. O alumno/a deberá presentar na secretaría do centro a documentación que figura na orde que regula a exención.

7. O titor ou a titora do centro educativo, en colaboración co equipo docente, logo da análise da documentación achegada, deberán emitir un informe e unha proposta, que lle farán chegar á dirección do centro, sobre a concesión ou non da exención total ou parcial, de ser o caso.

8. A dirección do centro resolve a concesión da exención

9. O acordo da concesión ou non da exención total ou parcial comunicaráselle por escrito á persoa solicitante no prazo de 10 días.

 

 1Algúns apartados vense modificados nesta etapa COVID. Consultar normativa

 

   Impreso solicitude exención (Anexo XV)

 

  

                                                                                                                                                                                                                         



page | by Dr. Radut