Informamos que está aberto o prazo para a solicitude de concesión da cafetería do centro educativo IES Perdouro. A concesión do servizo inclúe a xestión e explotación do servizo da cafetería durante os cursos 2020/21 e 2021/22.
Prazo de presentación de solicitudes
Ata o día 23 de xuño ás 14 horas.
Documentación
A documentación para participar no procedemento de adxudicación (pregos de cláusulas administrativas e condicións técnicas) está dispoñible na plataforma de contratación da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=723233&lang=gl
Instalacións e Equipamento
O local dispoñible está dentro do edificio central do instituto e ten unha superficie total de 46 m2 (33 m2 de espazo de uso público e 13 m2 de cociña e barra).
Conta con acceso exterior dentro do recinto escolar, con rampla accesible que permite o seu uso a persoas con mobilidade reducida.
O espazo e dotación das instalacións poden ser visitados polos interesados.
Outra información de interese
Número de usuarios (datos do curso 2019/2020):
Alumnado: | 425 |
Profesorado: | 64 |
Persoal de Adm. e Serv.: | 6 |
Total: | 495 |
Horario de apertura (mínimo):
- Luns martes e xoves: de 10:00 a 16:00 horas
- Mércores e venres: de 10:00 a 14:00 horas.
Contacto para visitas e información:
- Teléfono: 982 87 01 02
- Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.gal
- Enderezo postal: Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)