Nota: Este novo prazo non é para alumnado matriculado actualmente no IES Perdouro ou no CEIP Virxe do Carme (*). Só debe presentar solicitude o alumnado doutros centros que desexa obter praza no IES Perdouro para o curso 2020/2021 e que non puido solicitala no mes de marzo por causa da alarma sanitaria. (*) Se algún alumno/a do CEIP Virxe do Carme non reservou praza en febreiro, tamén pode solicitala agora.
O Centro de Coordinación Operativa de Galicia (Cecop) tomou o acordo (Resolución do 5 de maio de 2020) de restablecer o procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21, que se concreta nos seguintes puntos:
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
A secretaría do centro permanecerá aberta ao público de 9:00 a 13:30 horas desde o día 11 ata o día 18 de maio.
2. Novos prazos do procedemento
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares
Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.