Moi importante para evitar fallos informáticos:
Para minimizar os erros que poidan producirse, debe procurarse acceder á videoconferencia coa última versión dispoñible do navegador (navegador actualizado). É moi habitual que o usuario (profesor e/ou alumno) non teñan actualizado o seu navegador e ésta é unha das causas principais dos erros que se producen.
Co sistema operativo Linux (ordenadores corporativos), despois de todas as probas realizadas, para asegurar o funcionamiento da videoconferencia chegouse a unha solución temporal que consiste en descargar a última versión de Firefox.
A versión mínima necesaria do navegador Firefox no equipamento Edixgal é a versión 68 ou superior. Se no teu equipo tes unha versión anterior a Firefox 68, descarga a última versión.
Neste vídeo podes ver como comprobar a versión de Firefox no teu ordenador e como descargar a última.
Procedemento:
- Descargar da web de Firefox (www.mozilla.org) a última versión do navegador. O formato que se descarga será un ficheiro comprimido tar.bz2
- Usando o xestor de ficheros, descomprimir ese ficheiro donde se crea oportuno, por exemplo, na carpeta “usuario" sería unha boa ubicación
- Dentro dese directorio comprimido, existe un ficheiro executable "firefox", se se pulsa sobre él abrirá unha instancia independente do navegador. Esta nova instancia do navegador non contén o perfil ou opcións persoais do usuario, todos estes datos seguirán estando na versión anterior de Firefox.
Recoméndase crear un enlace no escritorio a este ficheiro Firefox, para facilitar o seu acceso.