Skip to Content

Novos horarios de sesións telemáticas

Estimadas familias:

Desde este luns, día 20, poñeremos en funcionamento uns novos horarios semanais de sesións de videoconferencia para que os alumnos e alumnas poidan reunirse telematicamente cos profesores/as de cada materia. Nesas sesións, o alumnado poderá poñerse en contacto cos seus profesores/as (previo aviso) ou ser convocados por estes para dar indicacións, resolver dúbidas, explicacións concretas, seguimento de tarefas, etc.

Un alumno/a non debería ter que conectarse en máis de 10 sesións nunha semana, aínda que poida ter programadas no seu horario ata 20. O profesorado irá organizando as videoconferencias por grupos partidos, para facelas máis fluídas e eficaces. É dicir, se o alumno/a ten dúas sesións semanais dunha materia, en principio tería que conectarse só nunha delas (na que lle indique o seu profesor/a).

Os titores/as faranlles chegar o horario do seu grupo. En 1º e 2º de ESO farano a través de Edixgal e nos restantes cursos enviaranos ao correo electrónico do propio alumnado.

Para as sesións telemáticas empregarase preferentemente o servizo de videoconferencia Webex. Na web do IES Perdouro poden acceder á información sobre o uso da aplicación Webex, facilitada pola Consellería de Educación. Lembren actualizar o navegador do seu ordenador á última versión para que este servizo funcione correctamente.

Un cordial saúdo.



page | by Dr. Radut