Saltar navegación.
Inicio

FESTIVAL DA FRANCOFONÍA

O pasado 7 de maio, o alumnado de 1.º, 2.º e 3.º da ESO participou no Certame da Francofonía, celebrado en Vilanova de Arousa. A nosa primeira participación neste certame, de longa historia e cuxa finalidade é congregar ao alumnado da materia de francés da comunidade, resultou ser todo un éxito tanto polo nivel de participación (uns 2.000 alumnos de 22 institutos) como pola experiencia que supón para os rapaces e rapazas.

O bo tempo permitiu que, ademais das actuacións do alumnado (no noso caso coas cancións "les Champs-Elysées" e "On écrit sur les murs"), puidésemos gozar de comida e paseo pola praia da vila ao finalizar o acto. Tambien puidemos realizar unha breve visita á Casa Museo Valle-Inclán, situada na vila (última foto).

Moitas grazas á organización por contar connosco.

 

Todos recinto Alumnado Pedra 

1ºESO 2º-3ºESO

Todos Valle Inclán