Saltar navegación.
Inicio

CRIBADO COVID-19 NAS FARMACIAS.

En colabouración co colexio de farmacéuticos da provincia de Pontevedra vense de abrir o prazo para facer probas covid de saliva nas farmacias aos mozos e as mozas de entre 12 e 17 anos.

Pregamos a máxima participación do alumnado do IES Pedra da Auga nesta campaña de identificación de persoas contaxiadas.

Pola seguridade de todos, do propio centro, das familias, da comarca.

O sistema é ben sinxelo:

Os pais e nais de mozos e mozas de entre 12 e 15 anos poden acudir a unha farmacia coa tarxeta sanitaria do ou da menor e solicitar a proba.

Os mozos e mozas de 16 e 17 anos poden ir eles mesmos ou ir algún dos seus proxenitores a asinar o consentimento informado.

A efectividade do cribado depende de que participedes todos e todas.

Esta é a carta recibida no instituto con toda a información.