Admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar.
Unha vez finalizado o procedemento de reservas de prazas para continuar estudos no propio centro e de feita a reserva de prazas para o alumnado de 6º do CEIP Nosa señora dos Remedios resultan as seguintes vacantes escolares:
Curso | Modalidade | Prazas por curso | Vacantes |
1º ESO | 60 | 5 | |
2º ESO | 60 | 3 | |
3º ESO | 60 | 11 | |
4º ESO | 60 | 17 | |
1º Bac. | Ciencias | 33 | 21 |
1º Bac. | Humanidades e Ciencias Sociais | 33 | 15 |
1º Bac. | Total | 66 | 36 |
2º Bac. | Ciencias | 33 | 7 |
2º Bac. | Humanidades e Ciencias Sociais | 33 | 13 |
2º Bac. | Total | 66 | 20 |
O prazo para solicitar estas prazas abrangue ata o día 22 de marzo.
As solicitudes tramítanse na aplicación admisionalumnado.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.