Saltar navegación.
Inicio

VISITA Ó INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS DE VIGO

O martes 21 de xaneiro os alumnos de primeiro e segundo de bacharelato estivemos visitando o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM) pertencente ó Consello superior de Investigacións Científicas (CSIC). Aquí aprendemos da man dos profesionais cientificos, en que consiste ser científico/investigador, e que a ciencia e tamén unha saida profesional ó alcance de todos nós.Ademáis tivemos a oportunidade de visitar e subir a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. Este buque con base en Vigo leva participado en numerosas campañas de investigación dos nosos mares e océanos, incluso na Antártida. Da man do capitán e do primeiro ofocial poidemos descubrir como é un buque destas caracteristicas dotado cos últimos avances tecnolóxicos.

AdxuntoTamaño
IMG_20200121_100213.jpg1.53 MB
IMG_20200121_132112.jpg1.3 MB