Saltar navegación.
Inicio

INFORMACIÓN SOBRE: CALENDARIO FIN DE CURSO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

CALENDARIO DE FIN DE CURSO.

As clases rematan o 22 de xuño, día lectivo polo tanto o alumnado permanecerá no centro no horario habitual.
As notas entregaranse o día 23 de xuño ás 10:00 horas. O 23 de xuño non haberá transporte escolar.
RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO.
Na última clase do curso de cada materia o profesor /a recollerá os libros daqueles alumnos/as  que estean aprobados na convocatoria de xuño e que recibiron os libros do fondo solidario ou mediante a axuda no curso 2015-2016. A data límite para realizar as devolucións neste caso é o 23 de xuño.
Os representantes legais dos alumnos/as, cando así o soliciten, poderán recoller no centro un documento de “Recollida dos libros de texto efectivamente devoltos”. Este documento poderá solicitarse os días 04 e 05 de xullo na secretaría do centro.
O alumnado de ESO  que teña algunha materia pendente e que recibira os libros do fondo solidario ou mediante a axuda no curso 2015-2016, poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine. A entrega de libros neste caso realizarase o día do exame da materia en setembro e, como máximo, o 07 de setembro.
Os representantes legais dos alumnos/as, cando así o soliciten, poderán recoller o documento de “Recollida dos libros de texto efectivamente devoltos”.  Este documento poderá solicitarse os días 13 e 14 de setembro na secretaría do centro.
IMPORTANTE: A NON DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO OU ADQUIRIDOS COA AXUDA NO CURSO 2015-2016 É CAUSA DE EXCLUSIÓN DAS AXUDAS PARA O CURSO 2016-2017.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PARA ACCEDER AO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O ALUMNADO DE 1º ESO  E 3º DE ESO DURANTE O CURSO 2016-2017.
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 14/07/2016. A listaxe publicarase no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web (www.edu.xunta.gal/centros/iespedradaauga/)
Reclamación sobre as listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación das listaxes.
Publicación de listaxes definitivas: 15/09/2016. A listaxe publicarase no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web (www.edu.xunta.gal/centros/iespedradaauga/)
ENTREGA DE VALES PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO DE 2º ESO E 4º ESO E  PARA ADQUISICIÓN DE  MATERIAL ESCOLAR:  A partir do 15 de xullo na secretaría do centro.