VISITA ÁS BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA
Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, acompañados polos profesores Xoán Lorenzo e Marisa Gómez, asistiron a unha visita guiada polas Bodegas Marqués de Vizhoja ubicadas no Pazo A Moreira, situado en Arbo, Pontevedra, coñecendo de primeira mán o funcionamento integral dunha empresa do sector vinícola.