Admisión de alumnado para o curso 2016/17
Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
Normativa reguladora do proceso de admisión:
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O prazo de presentación das solicitudes de reserva será do 1 ao 15 de febreiro de 2016. (ANEXO I da Orde do 12 de marzo de 2013)
O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 29 de marzo de 2016. (ANEXO II da Orde do 12 de marzo de 2013)
CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
Nota informativa:
1. Cada alumna ou alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O infrinxir esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- Resolución do sorteo das letras de desempate.
- Relación de vacantes no IES Pedra da Auga para o curso 2016/2017
EDITADO: ¡AVISO! Con data 18/03 corríxense as prazas ofertadas de 1º de Bacharelato por erro aritmétrico no ratío de alumnado de cada curso. Sumáranse 35 prazas por grupo de alumnos cando en Galiza a cifra está limitada á 33 alumnos por grupo. Lamentamos o erro.
luns a venres de 9:00h a 14:00h.
luns e martes tamén de 15:30h a 17:30h.
Días non lectivos (De luns a venres de 10:00h a 13:00h)
- ANEXO I Reserva de praza.
- ANEXO I Reserva de praza (Sede electrónica)
- ANEXO II Solicitude de admisión.
- ANEXO II Solicitude de admisión (Sede electrónica)
LEXISLACIÓN:
Decreto polo que se regula a admisión de alumnado en segundo ciclo de educación infantil, primaria, ESO e BAC.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
Máis información
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Vacantes.pdf | 218.81 KB |