Saltar navegación.
Inicio

VISITA Á "CASA DO PATRÓN" E AO "MUSEO DO TÍTERE" DE LALÍN

Preme na imaxe para acceder á galería

O alumnado  de 1ºESO participou hoxe nunha saída organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

Co obxectivo de afondar no coñecemento da arte das marionetas, visitaron  en primeiro lugar  o “Museo do Títere” situado no Pazo de Liñares en Lalín. A  xornada continuou na “Casa do Patrón”  onde os alumnos e alumnas afondaron na etnografía básica do rural galego e os oficios  tradicionais, participando despois  nun obradoiro de elaboración de pan onde os nosos rapaces e rapazas pasaron de ser espectadores a protagonistas.