O Pedra da Auga coa Ciencia
O alumnado de Física e Química participou esta semana en varios encontros científicos:
-Nas actividades divulgativas organizadas pola ETSI de Minas, da Universidade de Vigo, na SEMANA DA CIENCIA.
-No XXVII Congreso de Ensinantes das Ciencias de Galicia, ENCIGA , celebrado este ano no IES As Barxas de Moaña.
Ademais, o profesor de Física e Química do noso centro, Xabier Prado Orbán, participou nas xornadas da SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO, no IES Ribeira do Louro, cunha conferencia con soporte visual sobre a Teoría da Relatividade, orientada ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.
Agardamos que entre este alumnado teñamos @s grandes INVESTIGADOR@S e CIENTÍFIC@S do futuro!
Polo de pronto, animáronse a facer a coordenación dunha conferencia online internacional en inglés con estes contidos, para o Ano Internacional da Luz 2015:
https://sites.google.com/site/newlightoldideas/
enlace (usar SÓ para presentar)