Skip to Content

Actividades

Neve com'area

Alto grao de satisfacción amosaron os participantes de 2º da ESO na Semana Branca ao seu regreso de Jaca (Huesca). Foron quen de deslizar emocionantes sensacións polas ladeiras da estación invernal de Candanchú, onde fixeron a súa primeira toma de contacto coa actividade do esquí; cruzaron a liña da fronteira con Francia; iniciáronse tamén na patinaxe sobre xeo; atravesaron as murallas da fortaleza de Jaca para visitar a famosa “Ciudadela”; e mesmo se adentraron nas entrañas daquelas terras visitando a Cova natural das Güixas.
Parabéns ós participantes polo seu aproveitamento nesta aventura de aprendizaxes!!!

Carreira de Campo a Través

Todo o noso alumnado de 1º e 2º de ESO participou na carreira de Campo a Través do Programa Xogade celebrada en Cee o día 5 de Decembro, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Acudiron ademais á cita preto de 900 rapaces e rapazas da maioría dos centros de Ensinanza Primaria e Secundaria de Terra de Soneira e Fisterra.

Se premedes neste enlace poderedes ver as fotos da xornada. Parabéns a todos e todas por participar, e por suposto aos/ás que lograron algunha medalla!

Campo a través

Parabéns á rapazada de 1º e 2º que o venres foi á proba de campo a través a Cee!

Son uns grandes deportistas e conseguiron pasar á Fase Intercomarcal (27 de Xaneiro na Serra de Outes) os equipos de tres das catro categorías nas que competían: infantil masculino e cadetes feminino e masculino.

A seguir así, que queremos ver como chegades ás Olimpíadas.

Condición física

Estudo comparativo do índice de masa corporal. Imos ver resultados

Distribuir contido


by Dr. Radut