Skip to Content

Oferta e procedemento de admisión para Ciclos Formativos 2016-17

O periodo ordinario de admisión para Ciclos Formativos será o comprendido entre o 27 de xuño e o 5 de xullo.

Adxuntamos o catálogo coa oferta dispoñible para o próximo curso, así como a información referente á convocatoria e aos procedementos.

Adxuntamos tamén un documento coas instrucións para o rexistro das solicitudes vía web.

O enlace da páxina para o rexistro de solicitudes é:

 

 

Celebramos o día mundial do medio ambiente

Hoxe celebramos no IES de Pastoriza o día mundial do medio ambiente en colaboración con la refinería Repsol. Entre os actos levados a cabo destaca a plantación dunha árbore, un Liquidambar stryraciflura, un programa na Radio do centro, Radio Furoca e a entrega de premios á aula máis limpa, á aula máis ordeada e á aula mellor conservada.

Repsol financia o Plan de limpeza do centro e a visita a unha planta de residuos.

 

 

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

A Consellería de Educación, Cultura e OU  convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Para ver toda a información, premer neste enlace.

Calendario dos exames de pendentes

Adxuntamos o calendario de pendentes.

Shakespeare' s Day.

Co motivo do centenario da morte do escritor William Shakespeare, o departamento de inglés en colaboración coa biblioteca do centro o día 4 de maio levou a cabo na sala de usos múltiples unha actividade sobre o escritor universal na que participaron alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO e o auxiliar de conversa coa seguinte programación:

- Interpretación do acto 2, escena 2 de Romeo and Juliet.

- Lectura do acto 5, escena 5 de Macbeth.

- Lectura dalgunhas das máis coñecidas citas de Shakespeare.

- Interpretación da danza renacentista de Susato (Concerto de flauta)

II Torneo de xadrez

No IES de Pastoriza tivo lugar o II Torneo de xadrez organizado pola biblioteca do centro e en colaboración con Óscar de Prado  e celebrouse entre os días 25 e 30 de abril. Ao remate, entregáronse diplomas e premios ao alumnado gañador e participante.

Se queredes saber mais sobre xadrez, sobre o torneo e ver mais fotos do mesmo, visitade o seguinte blog:

http://xadrezarteixo.blogspot.com.es/2016/05/final-del-ii-torneo-ies-pastoriza.html

II Competición de Robótica na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo

O pasado venres 29 de abril, competiron na EEI de Vigo dous equipos do IES de Pastoriza: Furoca (3º ESO) e Lagarto (4º ESO), acadando o segundo premio na categoría de 1º a 3º ESO o equipo Furoca.

 

Actividades sobre Manuel María. ENDL

O Equipo de Normalización lingüística realizou unha serie de actividades sobre Manuel Murguía. Podedes velas no seguinte enlace:

http://dores62.edu.glogster.com/edit/manuel-maria

Asistimos a un concerto de violonchelo.

Este xoves 21 o alumnad@ de 2º da ESO acudiu a ver unha obra didáctica a cargo de Soncello Quartet na sala de cámara do Pazo da Ópera. Felicitar a este cuarteto de violonchelos pois desfrutamos moito con as súas interpretacións.   


 

Visita á Palacio da Ópera

O pasado xoves 14 o alumnado de música de 3º e 4º da ESO acudiu a un ensaio da nosa Orquestra Sinfónica de Galicia no Pazo da Ópera. Parece que lles gustou moito porque non pararon de aplaudir.

Bravo pola nosa OSG!!!

E bravo polo noso alumnado máis musical!!!  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut