Skip to Content

Exames de materia pendente - Febreiro 2017

Adxuntamos o calendario das probas extraordinarias para a recuperación da materia pendente correspondente á primeira parte, do 1 ao 3 de febreiro.

Encontro co escritor Jordi Sierra

Onte, os alumnos do Club de Lectura do IES de Pastoriza acudiron á presentación do libro "Historia del rock" de Jordi Sierra i Fabra, na librería Moito Conto da Coruña. Foi unha actividade organizada pola Biblioteca do centro.


Celebración do Día da Música

Con motivo da celebración do día da Música (Santa Cecilia), os alumnos/as do IES de PASTORIZA ofreceron un concerto na aula de Usos Múltiples do noso centro.

Felicitar o noso alumnado máis musical pois desfrutamos moito coas súas interpretacións.

Actividades de divulgación: Fundación ENKI e Día da Ciencia en Galego

Nas últimas semanas desenvolveronse as seguintes actividades:

  • Fundación ENKI: Xornada de sensibilización co deporte para discapacitados:

 

  • Día da Ciencia en Galego: Os grupos gañadores foron 4ºC e 2ºB:

PIALE 2016 - Actividade formativa de integración nun centro canadiense

Adxuntamos unha memoria descriptiva para a difusión de aspectos educativos relevantes ao sistema educativo na provincia de Ontario, Canadá.

A actividade foi desenvolta por un profesor do IES de Pastoriza do 17 de outubro ao 15 de novembro 2016, nun instituto da capital administrativa do Canadá, Ottawa.

O obxecto da actividade era tanto o afondamento e a mellora na competencia lingüística en inglés para o profesoraro de materias bilingües, coma a elaboración de materiais adaptados a partir das observacións realizadas.

A memoria de difusión adxunta desenvolve os aspectos mais relevantes do centro e do funcionamento do sistema educativo nesa provincia do Canadá.

Eleccións ao Consello Escolar - Candidatos electos

Segundo as actas das mesas electorais para as eleccións ao Consello Escolar do día de onte, e unha vez reunida a xunta electoral:

Pastoriza, a 24 de novembro 2016

Eleccións ao Consello Escolar

O Día 23 de novembro eleccións dos representantes dos distintos sectores nos seguintes horarios:

    • ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS ALUMNOS no vestíbulo do Centro, desde as 8,40  h. ata as 14,20 h.
    • ELECCIÓN DOS REPRESENTANES DE PAIS/NAIS E TITORES LEGAIS no vestíbulo do centro, desde 11,00 h ata 14,20 h. e de 18,00 ata 20,00h. 
    • ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DO PERSOAL DE ADMÓN E SERVICIOS no vestíbulo do centro, desde 1200 h ata as 12,20 h.
    • ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DO PROFESORADO de 10,20 ata 10,40h. e de 12,20 ata 12,40h.

A listaxe coas candidaturas está en arquivo anexo.

Calendario curso 2016-17

Adxuntamos o calendario escolar para o curso 2016-17.

Os días non lectivos propostos e aprobados en Consello Escolar son o luns 5 de decembro e o martes 2 de maio (2017).

 

Inicio do curso 2016-17

O xoves 15 de setembro será a presentación, co seguinte horario: 

de 11:30 a 12:30 o alumnado subirá ás aulas cos seus titores.

As listaxes PROVISIONAIS dos grupos estarán na entrada do instituto para consultar antes da entrada.

Os buses recollerán ao alumnado nas paradas habituais, para chegar ao instituto ás 11:30, e regresarán ás 12:30

Libros de texto

Distribuir contido


by Dr. Radut