Skip to Content

Normalización Lingüística

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, cun acto ao que asistiron o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, e o escritor Xosé A. Perozo. O acto desenvolveuse ao abeiro da 8ª semana escolar das Letras Galegas, organizada pola Deputación, na que participamos coa lectura do libro Florencio Delgado Gurriarán fronte á exaltación da natureza de Xosé A. Perozo.

A directora, Ana Belén Álvarez, explicou todas as actividades levadas a cabo arredor das Letras Galegas desde os departamentos de EPVA e LGL, así como as realizadas no edificio Abrente. Entre estas actividades destacan as recreacións en textura de poemas de Delgado Gurriarán elaboradas polo alumnado de 3º ESO e os podcasts sobre o homenaxeado elaborados polo alumnado de 4º ESO.

Ao acto asistiron os grupos de 3º ESO A, 4º ESO A e 4º ESO B. Estes participaron preguntando a Xosé A. Perozo sobre algúns aspectos do seu libro. Ademais, Óscar González (4º ESO A) aclarou como levaron a cabo as diferentes actividades sobre as Letras Galegas e Uxía Davila (4º ESO B) recitou un poema do escritor valdeorrés.

Normalización Lingüística

Benvidos/as

Benvida

 

Calendario editado por Normalización Lingüística

Calendario editado polo Equipo de Normalización Lingüística

Distribuir contido


by Dr. Radut