Carlos Núñez tivo a xentileza de compartir con todos nós unha velada académica inesquecible. Dificilmente poderemos deslembrar o día 3 de maio do 2012, ademais da estupenda disertación de Carlos, a sección rítmica do instituto tivo a oportunidade de interpretar uns temas musicais á beira dun xenio musical irrepetible.