Skip to Content

Reserva de prazas

Todas as solicitudes de reserva de praza presentadas neste centro foron admitidas, as listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios deste centro e tamén no de orixe para a súa consulta.

Calendario pendentes. Convocatoria de Febreiro.

Publicamos o calendario de exames de materias pendentes para a convocatoria de Febreiro de 2022.

Actualización 28/01/2022:

Achégase calendario actualizado e ampliado

Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2

Na páxina xeb da consellería de educación está dispoñible para a súa consulta o novo Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2

Carta da ANPA

Boas festas!

Desde o IES Nº1 do Carballiño desexámosvos boas festas e feliz Aninovo.

Actualizado: 17/11/2021. Reparto de máscaras entre o alumnado de ESO

Publicamos as instrucións sobre o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria.

En relación coas instrucións da orde de distribución de máscaras comunicamos o seguinte:

No anexo I da solicitude, publicado no Diario Oficial de Galicia, omitiuse o campo relativo aos datos do alumnado para o que se solicita a axuda.

Achegamos o novo modelo de Anexo I que si inclúe os datos do alumnado.

Constitución da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias:

Próximamente realizarase neste centro a renovación do Consello Escolar supervisada por a Xunta Electoral que se constituirá o día 28 de outubro ás 12:25 na Sala de Profesores en sorteo público. Achegamos a convocatoria na páxina web do centro. Agardamos a vosa colaboración e participación neste proceso.
Saúdos cordiais
A dirección
Distribuir contido


by Dr. Radut