Proximamente realizarase a renovación parcial dos membros do Consello Escolar no IES Nº1 do Carballiño. A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que terá catro membros escollidos por sorteo. Este sorteo será público e terá lugar na sala de profesorado do centro o día 22 de outubro ás 10:30 h. Unha vez realizado o sorteo, serán enviadas as citacións aos membros titulares e suplentes para a constitución da Xunta Electoral, indicando a data e a hora. Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente fará públicas a Xunta Electoral do Centro.
No arquivo adxunto podedes ver a circular coa información detallada.