O Departamento de Benestar Social, a través do Servizo de Educación e Apoio Familiar, organiza este interesante encontro para familias e anima á súa participación.
Trátase dunha actividade impartida polo Centro Quérote + da Consellería de Política Social (Xunta de Galicia).
O obradoiro de Redes Familiares ten como finalidade crear un espazo de reflexión para familias no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades na crianza. O obxectivo é construír ferramentas educativas que axuden na xestión diaria da educación no seo das familias e que contribúan positivamente no desenvolvemento das súas fillas e fillos.
Dende o Concello do Carballiño ofertarase un servizo de conciliación gratuíto para garantir chegar ao maior número de familias. Este servizo debe ser solicitado no momento da inscrición.
Para levar a cabo o obradoiro establecerase un minimo de 10 participantes e un máximo de 25.
Prazo de inscricción: ata o 7 de novembro no Departamento de Servizos Sociais (tlf 988531076 ou educadorafamiliar@carballino.gal)