Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Actuación no Gustavo Freire de Percusión e Danza - VI Semana da Danza

27/04/2017 11:15
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: VI SEMANA DA DANZA

Día:      27  de abril
Hora:    11:15 ás aprox. 13:xx.
Para:    
            2ºESO-A, B e PMAR
            3ºESO-A, B e PMAR
            4ºESO-A e B
Lugar:
Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Só alumnado de Música 

Alumnado de música asistirá ao concerto didáctico “SIX JAPANESE GARDENS” percusión, electrónica e danza, que forma parte da Semana da Danza. Sairán do instituto ás 11:15 h, o concerto dará comenzo ás 12:00h.

Programa :

Compositores: John Luther Adams, Luis Antunes Pena, Pablo Beltrán, Christos Hatzis e Kaija Saariaho

Presentación do concerto: Xoán Xil López

Intérpretes: grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Coreógrafas: Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Reyes González e Xiana Vilas

Sinopse: é un espectáculo de música, danza e pintura en vivo inspirado e concibido a partir dun dos símbolos máis significativos da cultura xaponesa: o círculo (...)

IX Concurso galego de ROBÓTICA

26/04/2017 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: IX CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA
 Concurso Robótica

Día:         26 de abril
Organiza:  Dpto. Tecnoloxía
Hora:       08:50-14:20
Lugar:      A Coruña
Para:        4º ESO-B 

 

Alumnado de 4ºESO participará no "Obradoiro e Concurso de Robótica en A Coruña. Abril 2017", IX Concurso Galego de Robótica 2016, na Fundación Barrié de A Coruña. Organiza esta actividade a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), patrocinada por Educación Barrié

O obxectivo do obradoiro é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. De maneira sinxela e divertida o alumnado participante familiarízase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica.

Visita ó Museo de Xeoloxía Quiroga e ruta natural

26/04/2017 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita ó Museo de Xeoloxía Quiroga e ruta natural
 

Día:        26 de abril
Hora:       08:50-19:00
Para:        1ºBAC 
               Alumnado de Bioloxía

Organiza: Dpto. de CC.NN.

Visitarase o Museo Xeolóxico de Quiroga.

Logo comezará a ruta.

1- Parada en Campodola. Verán o pregamento e aplicarán o que lles ensinarán no museo.

2- Parada para bocadillo á beira do río.

3- Castro dá torre. Castro romano do século I con función mineira e defensiva. Percorrerán o castro (fosos, casas ..) e farán unha descrición do Courel (xeográfica, xeolóxica e etnográfica)

4- Val dás Mouras: Exokarts combinado co aproveitamento para souto. Farán un percorrido parando nos puntos máis importantes. Atendendo sobre todo á parte botánica e xeolóxica do percorrido.

RECOMENDACIÓNS PARA A RUTA: levar crema, calzado adecuado de monte (tenis ou botas con calcetíns - coidado cos carrapatos-), crema de sol, gorro ou bisera para o sol, abundante auga.

A COMIDA LEVARASE DA CASA

 

Visita ao Museo de Xeoloxía Quiroga e ruta natural

Visita á Escola de arte e superior de deseño Ramón Falcón

25/04/2017 08:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita á Escola de arte e superior de deseño Ramón Falcón
 

Día:         25 de abril
Hora:       09:00-11:20
Para:       1º DAM
Lugar:      EASD-RF en Lugo

O alumnado de 1º D.A.M. (Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma) realizará esta visita para reunirse con alumnos e alumnas da EASD-RF e traballar nun proxecto conxunto.
 
Despois do éxito acadado noutras convocatorias, este curso repítese a colaboración destes alumnos/as, realizando eles/as o deseño gráfico dos proxectos do noso alumnado.

Charla "Internet e Drogas"

24/04/2017 16:20

Charla: Internet e Drogas

Día:     24 de abril  
Para:   1º FP básica
Hora:  16:20
Lugar: Aula 011

Alumnado de FP Básica asistirá a unha charla sobre o uso de internet e drogas, para a convivencia e a seguridade escolar.

Organizada desde a Asociación de Reservistas de Lugo, será impartida por persoal da Asociación Concepción Arenal.

Unha actividade complementaria na que representantes xa retirados das forzas de seguridade do Estado falan cos alumnos/as de temas de actualidade que poidan supoñer un risco para a perfecta convivencia dos escolares, e que son difíciles de controlar polo persoal docente máis alá dos límites dos propios centros educativos.

É o caso, por exemplo, do tráfico de drogas ou o consumo de alcohol, as bandas xuvenís, o acoso escolar ou bulling, e os riscos que pode supoñer o incorrecto uso de Internet, ou das redes sociais.

Trátase de ofrecer información sobre estes problemas e os seus riscos obxectivos, de motivar os/as alumnos/as na adopción de condutas pro-activas.

Charla "Introdución aos sistemas ERP. Unha visión práctica"

24/04/2017 17:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla "Introdución aos sistemas ERP. Unha visión práctica" 
 

Día:         24 de abril
Organiza:  Dpto. Informática
Hora:        17:00-19:00
Lugar:       Salón de Actos

Esta charla está programada para o alumnado do módulo “Sistemas de xestión empresarial” de 2º de DAW, e o alumnado do módulo “Linguaxe de marcas e sistemas de xestión da información” dos cursos: 1º de DAM, 1º de DAW, 1º de ADSIINRE ordinario e 1º de ADSIINRE adultos.

Ponentes: Omar Castiñeira e Kiko Sánchez da empresa COMUNITEA.

Comunitea desenvolve proxectos e aplica sistemas de xestión de empresas que permiten ás empresas optimizar os seus recursos con xestión intelixente (ERP).

Con máis dunha década de experiencia, traballan con Odoo (OpenERP) para axudar a aumentar a produtividade, aumentar as vendas e mellorar o traballo diario.

Máis información:

Web de COMUNITEA.COM Enlace externo COMUNITEA e ODOO

Programa ATRÉVETE

21/04/2017 09:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: PROGRAMA ATRÉVETE
 

Día:        21 de abril
Hora:      09:40 ás aprox. 13:00.
Para:       2º ESO 

Xornada de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Dirixida a alumnado de 2º curso de ESO. Organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de empresarios de Lugo.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Que farán?

09:40 h Saída desde o instituto

10:00 h Benvida dos representantes da Confederación de empresarios de Lugo.

10:30 h Reunión cun emprendedor ou emprendedora.

11:00 h Visita á empresa  Maderas Besteiro

Ao remate da visita, regreso ao instituto.


Lugares de celebración

Fundación CEL – Iniciativas por Lugo
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, El Palomar S/N - Lugo

Maderas Besteiro, Ctra. de Friol, km 1 - 27233 Lugo

Visita a Zaragoza e Cataluña

20/04/2017 08:30
23/04/2017 09:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A  ZARAGOZA e CATALUÑA
 

Días:        do 20 ao 23 de abril
Para:         4ºESO 
               Alumnado de Relixión

Organiza: Dpto. de Relixión

Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.

ITINERARIO:

XOVES 20

08:30 h. Recollida do autobús do Ies Muralla Romana. Continuación cara a Ies Lucus Augusti. Saída ás 09.00 hrs de Lugo.

18:30 h. Visita guiada a Zaragoza. Punto de encontro cos guías: Parada de autobuses detrás da Basílica do Pilar.

20:30 h. Tempo libre para pasear e cear en Zaragoza.

VENRES 21

08:30 h. Almorzo no hotel.

09:15 h.  Saída para Barcelona.

13:30 h. Visitas Sagrada Familia.

18:00 h. Panorámica guiada de Barcelona.

20:30 h. Tempo libre para pasear e cear.

22:30 h. Saída para o hotel en Salou.

SÁBADO 22

09:15 h. Almorzo no hotel.

10:00 h. Saída para Port-Aventura.

11:00 h. Goce das Atraccións do Parque e Comida.

19:20 h. Saída para Lugo (haberá paradas técnicas).

DOMINGO 23

09:00 h. Chegada aproximada a Lugo.

Aviso importante: É imprescindible levar o DNI para realizar as visitas guiadas. Tamén é conveniente levar a tarxeta sanitaria.

HOTEL EN ZARAGOZA:  Hotel Ibis Budget Zaragoza – Avenida de La Jota 2 – 50014 – Zaragoza – Tlf: 976 979 028

HOTEL EN SALOU:  Hotel Santa Mónica Playa. – Carrer de Falset 1 – 43840 – Salou – Tlf: 977 38 15

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO DO CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO “MIHLSons-XXI”

07/04/2017 10:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: A IMPROVISACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE CREACIÓN MUSICAL

Día:      07  de abril
Hora:    10:00 ás aprox. 13:00.
Para:    
            2ºESO-A, B e PMAR
            3ºESO-A, B e PMAR
            4ºESO-A e B
Lugar:
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

Só alumnado de Música 

Alumnado de música asistirá ao concerto didáctico “A IMPROVISACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE CREACIÓN MUSICAL", que forma parte do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI”. Sairán do instituto ás 10:00h, o concerto dará comenzo ás 11:00h. cunha duración aproximada de dúas horas.

Programa :

Compositores: Javier Álvarez, Vinko Globokar e No collective
Presentación do concerto e interpretación: Luis Tabuenca (percusión)

- Improvisación I

- No Collective El título de esta pieza es...(2009) percusión

- Vinko Globokar ?Corporel (1985) percusión corporal

- Improvisación II

- Javier Álvarez Temazcal (1985) maracas e electrónica

Sinopse:

"O programa deste concerto foi escollido en base á premisa de poder mostrar ós asistentes exemplos de solos para percusión que experimentan cos seguintes aspectos musicais:

- Diferentes formas de notación musical

- Exploración tímbrica

- Uso non convencional dos instrumentos musicais

- Emprego da improvisación"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut