ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla "Introdución aos sistemas ERP. Unha visión práctica" | ||
Día: 24 de abril |
Esta charla está programada para o alumnado do módulo “Sistemas de xestión empresarial” de 2º de DAW, e o alumnado do módulo “Linguaxe de marcas e sistemas de xestión da información” dos cursos: 1º de DAM, 1º de DAW, 1º de ADSIINRE ordinario e 1º de ADSIINRE adultos.
Ponentes: Omar Castiñeira e Kiko Sánchez da empresa COMUNITEA.
Comunitea desenvolve proxectos e aplica sistemas de xestión de empresas que permiten ás empresas optimizar os seus recursos con xestión intelixente (ERP).
Con máis dunha década de experiencia, traballan con Odoo (OpenERP) para axudar a aumentar a produtividade, aumentar as vendas e mellorar o traballo diario.
Máis información:
Web de COMUNITEA.COM COMUNITEA e ODOO |