O mércores 27 de outubro, o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC asistiu (acompañado polo profesorado titor) á presentación do libro Libres e vivas.
Escoitaron as palabras de dúas das autoras da obra, María López Sández e María Xosé Porteiro, así como as de Francisco Castro, entre outras.
Sabemos que os relatos que forman o libro seguirán achegándonos a unha realidade que nos fará máis fortes para cambiala e conseguir, por fin, a igualdade.
Agradecemos a invitación e o agasallo do libro que xa estará sendo lido.