06/06/2016 14:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita cultural LUGO ROMANO | ||
Día: 06 de xuño |
Visita a diferentes lugares da cidade de Lugo de interese arqueolóxico.
O Lugo romano é algo máis que a muralla. Debaixo da cidade actual escóndese a antiga Lucus Augusti. A gran cantidade de restos arqueolóxicos atopados confírmana como unha auténtica cidade romana, xa que presenta os seus elementos definidores (foro, calzadas, termas, templos, necrópoles, acueduto...). Os/as alumnos/as coñecerán parte destes restos que están musealizados e farán un percorrido polo Lugo Romano.