David Vila Pérez, alumno de 4º ESO, recibe o TERCEIRO PREMIO no VI Concurso Europeo de Marcapáxinas.
Ao concurso presentáronse máis de 100 marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2016 – Manuel María.
Do noso centro participaron alumnado de 4º ESO e tamén de 1º de SIMIRE, animados pola profesora Mª Jesús Rego Rodríguez, interesada en promover a colaboración escolar con outros centros europeos, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación.
Desde aquí desexámoslles os nosos parabéns tanto a David como a súa profesora; animándovos a todos e todas a seguir participando nestes proxectos.
Nestas imaxes podedes ver o marcapáxinas realizado por David e que mereceu o premio no concurso deste ano.