Eventos
Mar | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 13/03/2018 09:30
End: 13/03/2018 21:00
O sangue non se pode fabricar. Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender as urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades. Se tes máis de 18 anos, es san e tes máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo. 15 minutos de teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas. Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas. Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso. Na dozaón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue. Doar sangue é voluntario e altruísta. Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe. Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguíneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde. Se é a primeira doazón, achegarse co DNI.
|