Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA "TERMARIA CASA DEL AGUA" | |||
Día: | 19 de febreiro |
¿Qué mejor forma de amar el Francés que a través de la fuerza de sus clásicos? La genial obra de Victor Hugo en una cuidada adaptación pensada especialmente para vosotros. Prepara la mejor clase de Francés del curso mientras tus alumnos se emocionan con las vivencias de sus protagonistas.
Una adaptación pensada para sacar el máximo provecho a las clases de francés. De la mano de Victor Hugo tus alumnos no sólo aprenderán a disfrutar con el manejo del idioma, sino que se acercarán a uno de los clásicos imprescindibles de uno los autores más representativos de la literatura francesa.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC | ||
Día: 22 de febreiro | ||
Próximo ao ingreso na Universidade, é posible que teñades dúbidas acerca do que ides a estudar, os graos, onde e con que axudas podedes contar. Para dar respostas ás cuestións que vos poidan xurdir, a USC creou o programa “A Ponte”, que darase a coñecer nesta charla.
Considérase que esta charla é de interese para as familias dos estudantes, pois fálase fundamentalmente de cuestións prácticas relacionadas coas PAU e a Universidade.
Na páxina web http://www.usc.es/aponte podedes atopar máis información de interese:
- Titulacións (Licenciaturas e Diplomaturas, Graos)
- Libro de Titulacións e Guía das saídas profesionais
- Plans de Estudo (Materias a cursar en cada titulación)
- Residencias Universitarias e Colexios Maiores
- Comedores Universitarios
- Bolsas
- Bibliotecas
- Cursos de Formación (Informática, idiomas...)
- Actividades Culturais
- Prácticas en Empresas
- Instalacións Deportivas
- Prestacións da TUI (Tarxeta de identificación universitaria)
- Voluntariado
- Programa de Integración de Persoas con necesidades Especiais
- Acceso á USC
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA AUTOMEDICACIÓN: ¿Qué tomo... o que me receiten ou o que me apetece? | ||
Día: 23 de febreiro Organiza: Depto Bioloxía e 2º ASIDIR |
Consistirá nunha charla para os grupos de 3º da ESO, impartida por:
- Andrea Barcela (Centro de saúde de Sagrado Corazón)
- Juan Olivares (Centro de saúde de Fingoi)
- Pablo Sueiro (Centro de saúde de Sarria)
Na seguinte hora, de 13:30 -14:20, o alumnado de 3º ESO explicara ós alumnos de 1º da ESO (A e B) os paneis que elaboraron sobre o tema.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS | ||
Día: 1 de febreiro e 1 de marzo |
Recursos a empregar: libro e follas de ruta.
Hai catro rutas: a de Minos, a do Astrágalo, a do Paxaro e a do Carneiro Alado. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro: “Contos de Fantasmas no Museo”. Conta cunha folla de ruta que o alumnado debe completar xa no museo. Logo comprobarán os resultados de cada unha das catro expedicións.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Asistencia a Ecoestética na Coruña | ||
Día: 2 de marzo 1º e 2º ESBE, 1º e 2º ESINBE. Lugar: A Coruña |
O showroom Ecoestética é un espazo de demostración situado dentro da feira BioCultura. (Bienal "BioCultura. Feira internarcional de productos ecolóxicos e consumo responsable". EXPOCoruña. 2, 3 e 4 de marzo do 2018.)
Neste espazo as empresas expositoras do sector da cosmética certificada desenvolven demostracións dos seus productos tanto a profesionais como ó público en xeral. Neste espazo tamén se realizarán charlas e demostracións do sector da moda organizadas polo proxecto "Planeta Moda".
No seguinte enlace podes atopar máis información.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á sede central de Pull and Bear en Narón | ||
Día: 2 de marzo Hora: 09:45-18:30 Para: 2º XEAD Lugar: Narón (A Coruña) Organiza: Dpto. Administración |
Alumnado de C.S. Xestión Administrativa visitará a sede central da empresa téxtil Pull and Bear, pertencente ao Grupo Inditex, situada no Polígono Industrial de Narón (A Coruña).
Son unhas instalacións de máis de 29.000 metros cadros desde as que se atende ás máis de 950 tendas en 71 mercados.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Teatro "Edipo Rey" | ||
Data: 5 de marzo Hora: 11:20-14:20 Lugar: Auditorio Gustavo Freire Para: 4º ESO, 1º e 2º BAC. (Alumnado Latín/Grego) Organiza: Dpto. Latín e Grego |
No marco da celebración do XVIII Festival de treatro Grecolatino Lugo-Ourense-A Coruña, o luns 5 de marzo ás 12:00 representarase a obra teatral Edipo Rey, de Sófocles, por SV Producciones de Madrid.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiro de "Violencia de Xénero" Cruz Vermella | ||
Data: 6 e 7 de marzo Hora: 09:40-13:30 Lugar: Salón de Actos Para: 2º ESO A, B e PMAR e 1º PEIEST Organiza: Centro |
A distribución dos grupos será do seguinte xeito:
Día 6 de marzo:
- 9:40-11:20: 2º ESO A e B.
- 11:50- 13:30: 2º PMAR e 1º PEIEST.
Día 7 de marzo:
- 9:40-11:20: 2º PMAR e 1º PEIEST.
- 11:50- 13:30: 2º ESO A e B.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiro de "Violencia de Xénero" Cruz Vermella | ||
Data: 6 e 7 de marzo Hora: 09:40-13:30 Lugar: Salón de Actos Para: 2º ESO A, B e PMAR e 1º PEIEST Organiza: Centro |
A distribución dos grupos será do seguinte xeito:
Día 6 de marzo:
- 9:40-11:20: 2º ESO A e B.
- 11:50- 13:30: 2º PMAR e 1º PEIEST.
Día 7 de marzo:
- 9:40-11:20: 2º PMAR e 1º PEIEST.
- 11:50- 13:30: 2º ESO A e B.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiro de "Igualdade" na biblioteca | ||
Data: 8 de marzo Hora: 10:30-12:40 Lugar: Biblioteca Para: 1º ESO A, B Organiza: Centro |
A distribución dos grupos será do seguinte xeito:
- 10:30-11:20: 1º ESO A.
- 11:30- 12:40: 1º ESO B.
Podes ver as fotos do obradoiro no flickr do Ies Muralla Romana ou pulsando neste enlace.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiro impartido pola quiromasaxista María Expósito | ||
Día: 9 de marzo Lugar: Aula 22 |
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiro de Xornalismo da Escola de Xornalistas | ||
Data: 9 de marzo Hora: 12:40-14:20 Lugar: Salón de Actos Para: 3º ESO A, B e PMAR Organiza: Dpto. |
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social "La Caixa" poñen en marcha a terceira edición da iniciativa "Xornalismo na Escola", na que profesionais impartirán xornadas didácticas sobre comunicación aos alumnos/as de 3º da ESO. O obxectivo é introducir ao alumnado no mundo dos medios de comunicación.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Unidade móbil de doazón de sangue no instituto. | ||
Día: 13 de marzo Horas: 9:30 ás 14:30/15:30 ás 21h Lugar: Fronte á entrada principal (no aparcadoiro) Para: + 18 anos, sans e + 50 K |
|
O sangue non se pode fabricar.
Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender as urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades. Se tes máis de 18 anos, es san e tes máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo.
15 minutos de teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas. Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas. Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso. Na dozaón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue. Doar sangue é voluntario e altruísta. Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe. Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguíneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde.
Se é a primeira doazón, achegarse co DNI.
Web da Axencia Galega de doazón de órganos e sangue |