Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
24
Start: 24/04/2017 16:20
Charla: Internet e Drogas Día: 24 de abril Alumnado de FP Básica asistirá a unha charla sobre o uso de internet e drogas, para a convivencia e a seguridade escolar. Organizada desde a Asociación de Reservistas de Lugo, será impartida por persoal da Asociación Concepción Arenal. Unha actividade complementaria na que representantes xa retirados das forzas de seguridade do Estado falan cos alumnos/as de temas de actualidade que poidan supoñer un risco para a perfecta convivencia dos escolares, e que son difíciles de controlar polo persoal docente máis alá dos límites dos propios centros educativos. É o caso, por exemplo, do tráfico de drogas ou o consumo de alcohol, as bandas xuvenís, o acoso escolar ou bulling, e os riscos que pode supoñer o incorrecto uso de Internet, ou das redes sociais. Trátase de ofrecer información sobre estes problemas e os seus riscos obxectivos, de motivar os/as alumnos/as na adopción de condutas pro-activas. | 25
Start: 25/04/2017 08:50
O alumnado de 1º D.A.M. (Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma) realizará esta visita para reunirse con alumnos e alumnas da EASD-RF e traballar nun proxecto conxunto. Despois do éxito acadado noutras convocatorias, este curso repítese a colaboración destes alumnos/as, realizando eles/as o deseño gráfico dos proxectos do noso alumnado. | 26
Start: 26/04/2017 08:50
Alumnado de 4ºESO participará no "Obradoiro e Concurso de Robótica en A Coruña. Abril 2017", IX Concurso Galego de Robótica 2016, na Fundación Barrié de A Coruña. Organiza esta actividade a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), patrocinada por Educación Barrié. O obxectivo do obradoiro é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. De maneira sinxela e divertida o alumnado participante familiarízase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. | 27
| 28
| 29
| 30
|