Eventos
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR | ||
|
É unha modalidade do programa "Aliméntate ben" (Plan Proxecta).
Trátase dunha iniciativa deseñada pola Consellería do Mar para transmitir aos rapaces e rapazas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo.
O programa artéllase arredor de dúas actividades:
1) Realización de obradoiros (mércores, 25 de xaneiro)
Para chegar aos estudantes deseñaron de xeito lúdico un obradoiro educativo, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. A empresa de Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. é a encargada de realizar nos centros estes obradoiros.
Este curso, no noso centro, faranse dous obradoiros para cubrir aos 70 alumnos e alumnas inscritos.
En canto á temática:
- verán un vídeo promocional de "O sabor da aventura está no mar"
- recibirán a explicación do xogo educativo a realizar: coa axuda das novas tecnoloxías buscarán información sobre a temática do mar: a pesca, os diferentes peixes e as súas propiedades, formas de comelos e falarán do coidado do mar.
Entre todos farán unha posta en común xeral da información obtida, agasallando con premios para os que mellor a presenten.
2) Realización de excursión a unha localidade costeira (prevista para o 31 de marzo - 2ºESO, 3ºPMAR e 1ºPEIEST)
O alumnado participante nesta excursión realizará visitas didácticas nas que terá a oportunidade de captar cos cinco sentidos a singularidade e as características do traballo dos colectivos de profesionais do mar, o recoñecemento da calidade dos produtos que capturan, así como as súas propiedades nutritivas, o seu sabor e textura nos menús.
Trátase de que o alumnado participante constrúa a súa propia aprendizaxe en relación coa pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, integrando coñecementos sobre a extracción sostible e venda dos distintos produtos, sobre aspectos nutricionais e gastronómicos, e aspectos da cultura mariñeira a través dos diferentes recursos patrimoniais existentes nas localidades litorais visitadas.
A excursión terá unha duración dunha xornada de mañá e contémplanse as seguintes actividades:
a. Traslado en autobús a unha localidade costeira
b. Visita ao museo do mar en San cibrao
c. Cátering de produtos do mar
d. Visita complementaria: mostrará os distintos procesos acuícolas e a cultura mariñeira a través da oferta etnográfica e paisaxística de cada localidade
Fonte da información: na convocatoria e en www.ardoraonline.com
Ligazón a contidos: www.osabordaaventruaestanomar.com
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Teatro "GET BACK" de Eme2 | |||
Día: | 31 de marzo |
(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:20 h).
Eme2 emoción&arte
Dirección: Jorge Coira
Autor e adaptación: Diego Ameixeiras
Intérpretes: Alfonso Agra, Mercedes Castro, Federico Pérez, Miguel Guido, Tamara Canosa
GET BACK Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres... (Máis información)
Duración: 90 minutos
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: PROGRAMA ATRÉVETE | ||
Día: 21 de abril |
Xornada de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Dirixida a alumnado de 2º curso de ESO. Organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de empresarios de Lugo.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
Que farán?
09:40 h Saída desde o instituto
10:00 h Benvida dos representantes da Confederación de empresarios de Lugo.
10:30 h Reunión cun emprendedor ou emprendedora.
11:00 h Visita á empresa Maderas Besteiro
Ao remate da visita, regreso ao instituto.
Lugares de celebración
Fundación CEL – Iniciativas por Lugo
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, El Palomar S/N - Lugo
Maderas Besteiro, Ctra. de Friol, km 1 - 27233 Lugo
Charla: Internet e Drogas
Día: 24 de abril
Para: 1º FP básica
Hora: 16:20
Lugar: Aula 011
Alumnado de FP Básica asistirá a unha charla sobre o uso de internet e drogas, para a convivencia e a seguridade escolar.
Organizada desde a Asociación de Reservistas de Lugo, será impartida por persoal da Asociación Concepción Arenal.
Unha actividade complementaria na que representantes xa retirados das forzas de seguridade do Estado falan cos alumnos/as de temas de actualidade que poidan supoñer un risco para a perfecta convivencia dos escolares, e que son difíciles de controlar polo persoal docente máis alá dos límites dos propios centros educativos.
É o caso, por exemplo, do tráfico de drogas ou o consumo de alcohol, as bandas xuvenís, o acoso escolar ou bulling, e os riscos que pode supoñer o incorrecto uso de Internet, ou das redes sociais.
Trátase de ofrecer información sobre estes problemas e os seus riscos obxectivos, de motivar os/as alumnos/as na adopción de condutas pro-activas.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita á Escola de arte e superior de deseño Ramón Falcón | ||
Día: 25 de abril |
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: IX CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA | ||
Día: 26 de abril |
Alumnado de 4ºESO participará no "Obradoiro e Concurso de Robótica en A Coruña. Abril 2017", IX Concurso Galego de Robótica 2016, na Fundación Barrié de A Coruña. Organiza esta actividade a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), patrocinada por Educación Barrié.
O obxectivo do obradoiro é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. De maneira sinxela e divertida o alumnado participante familiarízase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica.