Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Mariñeiros por un día | |
Día: 17 de xuño Organizada pola Cofradía de Pescadores “Santiago Apóstolo” de Celeiro coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. |
É importante:
- levar roupa e calzado de abrigo (se é impermeable, mellor)
- facer caso ás indicacións dos guías e profesores
- En caso de ter algún tipo de alerxia alimentaria comunicala ao profesor ou responsable do centro prestar atención e gozar desta experiencia única!.
As actividades terán lugar nas inmediacións portuarias de Celeiro, e consisten nunha visita guiada a través das mesmas.
10:00 h- Recepción dos participantes na lonxa de Celeiro
Benvida e breve presentación do proxecto e das actividades no salón de actos da empresa Porto de Celeiro S.A., con indicacións de seguridade para a visita á lonxa.
10:15-11:00- Visita guiada pola lonxa pesqueira
Realizarase un percorrido para coñecer paso a paso, como descargan os barcos, como se vende o peixe e como se prepara para a súa distribución. Preténdese realizar tamén un simulacro de poxa no que poden participar os escolares.
11:15-11:35- Visita ao heliporto de Salvamento Marítimo
Na mesma base de salvamento do helicóptero Pesca 2, o piloto e rescatadores explicarán en que consiste o seu traballo e como é o día a día nas instalacións da base.
11:45-12:15- Taller do Pescador
Nunha sala da Confraría de pescadores habilitada exclusivamente para a actividade, os escolares poderán vestirse como un mariñeiro e coñecerán de primeira man as artes e aparellos por eles utilizados, así como as principais especies que capturan na zona.
12:30-13:00- Visita ao Centro de Formación Vicente Gradaille
O Director do centro porá en funcionamento diversos instrumentos de comunicación para que os participantes comproben como se comunican os barcos entre si e coas estacións en terra.
13:15-14:15- Comida-degustación de produtos do mar
Nun restaurante da zona, os escolares acabarán a xornada cunha comida baseada en produtos do mar, onde se divulgarán as propiedades beneficiosas que ten o peixe para un crecemento saudable tanto físico como intelectual.
Antes do regreso a Lugo, farase un descanso no Castro de Fazouro, onde aproveitarase o lugar para ler algunha lenda galega e poemas, coordinado dende o Club de Lectura do centro.