Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
16
| 17
| 18
| 19
Start: 19/05/2016 10:00
Con esta actividade preténdese sensibilizar ao alumnado, cunha finalidade: lograr unha sociedade xusta e solidaria. Os Centros Ocupacionais desta asociación teñen como obxectivo proporcionar a habilitación laboral dos seus usuarios mediante programas adaptados segundo as características, necesidades e intereses de cada un. Para iso, mediante esta visita comprobarán como traballan estas persoas con discapacidade intelectual, para mellorar a súa calidade de vida e consolidar a súa integración na sociedade. O alumnado de 2ºESO sairá do instituto ás 10:00h, para estar ás 10:30h no Centro Ocupacional de ASPNAIS Nº2 (Arieiras s/n · Pol. da Louzaneta). Logo desprazaranse até o Centro Ocupacional nº1 (Rampla de Claudio López nº 21). E, darase por finalizada a actividade sobre as 12:30 h, momento no que regresarán ao instituto. Máis información: www.aspnais.org | 20
Start: 20/05/2016 11:50
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. José Daniel Edelstein Glaubach (Profesor de Física Teórica, do Departamento de Física de Partículas). Resumo: Nesta charla pretende achegar o seu gran de area na difícil tarefa de erradicar de Europa unha das patoloxías mentais endémicas máis severas e persistentes: o antisemitismo. Pero, por que este científico que fixo posible que Stephen Hawking visitase Santiago dá esta charla no noso instituto? Quizais porque os seus avós fuxiron do antisemitismo, desde Europa a Arxentina. E a el tamén lle tocou vivilo de cativo, tendo que marchar a Venezuela, pouco antes do golpe do xeneral Videla.
| 21
| 22
|