ENTROIDO NO IES O MOSTEIRÓN

 

Aquí podedes ver os vídeos do entroido 2012

JEFF WALL

Jeff Wall. The Crooked Path

 

Visita dos de terceiro de ESO ao Centro de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela.

 


CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: FOTOLIBRO

         

 BASES DO CONCURSO FOTOLIBRO


Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ coa temática do libro e a lectura.

Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de cinco fotos, todas co seu título.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón. O prazo de presentación abrirase o día 15 de febreiro e rematará o 9 de marzo de 2012.

Cuarta. As fotografías, co seu título, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título por fora.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.


Sexta. As obras serán avaliadas polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dúas fotografías gañadoras. Unha para o primeiro ciclo e outra para 2º ciclo e Bacharelato.

Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día  16 de marzo. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no primeiro recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.

 Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.


 Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.    

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 


SEMANA DA PAZ
30 XANEIRO- 3 FEBREIRO

No IES O Mosteirón, coincidindo co 64 aniversario da morte de Mahatma Gandhi,  celebraremos a semana da paz do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro.
As actividades que temos preparadas son as seguintes:

  • O luns día 30, no recreo das 12:10, proxectaremos na biblioteca o documental "A ilha das flores", un acedo e divertido retrato da mecánica da sociedade de consumo.
  • E ti que dis? No recibidor do instituto faremos unha exposición de frases célebres sobre a paz. Le sobre a paz e escribe ti tamén a túa frase. 

  • En todos os períodos da nosa "Hora de ler" da vindeira semana, farase aLectura de textos relacionados coa paz.

  • Realizarase nos recreos un obradoiro de decoración de paraugas, paraugas pola paz, que expoñeremos despois no recibidor do Instituto.
  • Na Esperela tedes unha selección de libros e películas sobre a paz. Non deixedes de velas. Pagan a pena.

O IES O MOSTEIRÓN XA ESTÁ EN FACEBOOK

A comunidade educactiva do IES O Mosteirón, xa ten a súa disposición a posibilidade de participar na inserción de información de interese para completar e complementar a formación dos nosos alumnos. Dálle a "me gusta" e participa do noso proxecto. Grazas.

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS. AMOR! AMOR? EN CEN PALABRAS

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS. AMOR ! AMOR ?... EN CEN PALABRAS

ATENCIÓN RAPAZAS E RAPACES:

Esta rapaza gañou o primeiro premio no concurso lingua de amor  porque... 

...EN GALEGO LÍGASE MÁIS .Está demostrado. Frases míticas para facer as beiras  como: "ti es de aquí ou vés á festa?"  só con usalas conseguen efectos demoledores coa vítima escollida ( probade, probade...)
Por iso para facerlle os honores a San Valentín, que en febreiro sempre anda moi atarefado, convocamos a cuarta edición do concurso de microrrelatos que demos en chamar AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, A VER QUEN CONSEGUE SER MÁIS ROMPEDOR NISTO DAS DECLARACIÓNS DE AMOR.

 

BASES DO CERTAME                                                                         Amor? Amor!... en cen palabras

Primeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…

Segunda. As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 1 de febreiro de 2010 no primeiro recreo e remata o 15 de febreiro no segundo recreo.

Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do microrrelato e o pseudónimo por fóra‑ no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.

Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para 2º ciclo e Bacharelato.

Sétima. O anuncio da obra gañadora do certame farase o día 24 de febreiro. Terá lugar no ESPAZO CINEMA, no primeiro recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.

Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases.


PATINAXE SOBRE XEO CURSO 2011-2012

GRUPOS 1º e 2º de ESO

REVISTA GALEGA DO ENSINO (NÚMERO 62)

 

 

 

PINCHA NA IMAXE

ADÁN MÉNDEZ, ALUMNO DE 4º DE ESO, NO BLOG DA EDITORIAL XERAIS

VOZ SIN VERBAS

Voz sin verbas:

silencio.

Mar sen auga:

deserto.

Sol sen raios:

misterio.

Luz sin brillo:

coitelo.

Man sen man:

un berro

Dor sen laios:

o tempo.

Eu sen ti:

inferno.

Antonio García Teijeiro

Distribuir contido