LA CELESTINA

05/04/2013 16:56
Etc/GMT+1

 

Hoxe, os grupos de terceiro de ESO asistimos ao teatro Rosalía de Castro para ver a representación da obra La Celestina, de Fernando de Rojas, en versión e adaptación de Ricardo Iniesta.
A función presenta durante todo o espectáculo os actores en escena, encarnando os personaxes ou creando un ambiente escénico e sonoro. Destaca a riqueza dos coros que transportan o espectador ao submundo daquela época, pero que podería ser dos nosos días. A obsesión polos cartos e o egoísmo resultan tremendamente actuais. Neste texto, que non está escrito en verso, pero que contén tanto ritmo, danse cita tamén o humor, o erotismo e os conflitos de clases.