Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Agosto 31, 2020
Start: 31/08/2020 12:28

COMEZO DE CURSO 2020-2021

Estimadas familias, para poder comunicarvos toda a información relativa ao inicio do curso escolar, estamos á espera de que a Consellería publique a actualización do protocolo Covid, tras a reunión mantida o pasado xoves 27 de agosto entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas.

 

CONSULTADE DE XEITO REGULAR ESTA PÁXINA WEB.

Start: 31/08/2020 12:35

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

  • Manten a distancia de seguridade, 1,5 metros, en todo o recinto escolar.
  • Debes usar a máscara de proteción en todo momento.
  • Consultar na porta de entrada a aula correspondente de cada proba que teñas que facer.
  • Recorda realizar a hixiene de mans ao entrar no centro, ao entrar na aula e a saída da mesma. Atoparás dispensadores de hidroxel en todos os espazos.
  • Circula sempre pola túa dereita, en escaleiras e corredores.
  • Recorda que debes traer o teu propio material ( non esquezas a calculadora se a precisas). A mochila, a roupa de abrigo e o materíal debes colocalo na túa mesa e cadeira, non empregues nin colgadores nin taquillas.
  • Se precisas ir ao aseo, deberás usar o da primeira planta. O seu aforo máximo permitido é de 2 persoas.
  • Permanece no centro o tempo indispensable para realizar as probas. No caso de que teñas tempo libre entre distintas probas, deberás permanecer na cafetaría mantendo sempre a distancia de seguridade (1,5m).
  • Ventás, portas, persianas e estores, interuptores e demáis material que non é persoal so o pode manipular o profesorado.
  • As nais, pais ou titores non poden entrar o centro, deben esperar fora do recinto escolar.
Martes Septembro 01, 2020
Start: 01/09/2020 12:13

CALENDARIO ALUMNADO QUE PRESÉNTASE ÁS PROBAS DE SETEMBRO.

 

3 SETEMBRO:  *Publicación de notas a través de ABALAR a partir das 16:00 h.

                        *Comezo do prazo de reclamacións: dias 4 e 7 (cómpre solicitar cita previa en horario de 9:00h. a 14:00h.)

 

4 SETEMBRO:  *Presentación de solicitudes de reclamacións ás notas

                        *Atención de aclaracións con cita previa

                        *Entrega de boletíns e consello orientador en horario de 10:00 h a 13:00 h.

                        *Devolución de libros de texto (Fondo libros e doacións)

                        *Comezo de prazo de matrícula

  • Horario de recollida de notas e devolución dos libros de texto:
      • 10:00 a 10:30, 1º ESO
      • 10:30 a 11:00, 2º ESO
      • 11:00 a 11:30, 3º ESO
      • 11:30 a 12:00, 4º ESO

 

 

Venres Septembro 11, 2020
Start: 11/09/2020 11:49

TODO O ALUMNADO DO CENTRO DEBERÁ TRAER OBRIGATORIAMENTE A DOCUMENTACIÓN COVID-19 O DÍA DA PRESENTACIÓN E ENTREGALA AO TITOR OU TITORA DO SEU GRUPO.

Mércores Septembro 16, 2020
Start: 16/09/2020 13:35

 

Datas de presentación POR CURSOS

O día da presentación unicamente virá ó centro educativo o curso correspondente.

O alumnado traerá unha libreta e un bolígrafo.

 CURSO DATA HORA
 1º e 2º ESO  Mércores 23 de setembro  11:00h-13:30h
 3º ESO  Xoves 24 de setembro  11:00h-13:30h
 4º ESO  Venres 25 de setembro  11:00h-13:30h

-Haberá servizo de transporte. O recorrido comeza as 10.30h.

-Os días da presentación, a saída do alumnado no transporte será ás 13:45h

-Os días de presentación NON haberá servizo de comedor.

-O luns 28 de setembro todos os curso comeza en horario habitual, de 8:30h a 14:10h. Asemade, o luns terán clase pola tarde de 15:20h a 17:00h.

-O servizo de comedor comeza o luns 28 de setembro en horario de 14:45h a 15:20h.

-Recordade que este curso escolar, por mor da organización do servizo comedor en dúas quendas, o transporte do alumnado do IES o Mosteirón sairá as 15:20h todos os días, agás o luns que sairá as 17:00h.

Venres Septembro 18, 2020
Start: 18/09/2020 13:04

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Os vindeiros luns 21 e martes 22 de setembro debedes pasar polo centro a recoller os libros de texto no horario que se específica a continuación.

MOI IMPORTANTE: Debe recoller os libros de texto a persoa que os solicitou, no caso de que non poda asistir pode autorizar a outra persoa a recollelos no seu nome, para o que debe achegar unha autorización escrita e copia dos dnis das persoas afectadas ( solicitante e autorizado). Podedes descargar o modelo de autorización no anexo que atoparedes ao pe desta nova.

  • Luns 21 ás 17:00, 1º ESO
  • Luns 21 ás 18:30, 2º ESO
  • Martes 22 ás 17:00, 3º ESO
  • Martes 22 ás 18:30, 4º ESO
Distribuir contido