Eventos
COMEZO DE CURSO 2020-2021
Estimadas familias, para poder comunicarvos toda a información relativa ao inicio do curso escolar, estamos á espera de que a Consellería publique a actualización do protocolo Covid, tras a reunión mantida o pasado xoves 27 de agosto entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas.
CONSULTADE DE XEITO REGULAR ESTA PÁXINA WEB.
INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO
- Manten a distancia de seguridade, 1,5 metros, en todo o recinto escolar.
- Debes usar a máscara de proteción en todo momento.
- Consultar na porta de entrada a aula correspondente de cada proba que teñas que facer.
- Recorda realizar a hixiene de mans ao entrar no centro, ao entrar na aula e a saída da mesma. Atoparás dispensadores de hidroxel en todos os espazos.
- Circula sempre pola túa dereita, en escaleiras e corredores.
- Recorda que debes traer o teu propio material ( non esquezas a calculadora se a precisas). A mochila, a roupa de abrigo e o materíal debes colocalo na túa mesa e cadeira, non empregues nin colgadores nin taquillas.
- Se precisas ir ao aseo, deberás usar o da primeira planta. O seu aforo máximo permitido é de 2 persoas.
- Permanece no centro o tempo indispensable para realizar as probas. No caso de que teñas tempo libre entre distintas probas, deberás permanecer na cafetaría mantendo sempre a distancia de seguridade (1,5m).
- Ventás, portas, persianas e estores, interuptores e demáis material que non é persoal so o pode manipular o profesorado.
- As nais, pais ou titores non poden entrar o centro, deben esperar fora do recinto escolar.
CALENDARIO ALUMNADO QUE PRESÉNTASE ÁS PROBAS DE SETEMBRO.
3 SETEMBRO: *Publicación de notas a través de ABALAR a partir das 16:00 h.
*Comezo do prazo de reclamacións: dias 4 e 7 (cómpre solicitar cita previa en horario de 9:00h. a 14:00h.)
4 SETEMBRO: *Presentación de solicitudes de reclamacións ás notas
*Atención de aclaracións con cita previa
*Entrega de boletíns e consello orientador en horario de 10:00 h a 13:00 h.
*Devolución de libros de texto (Fondo libros e doacións)
*Comezo de prazo de matrícula
- Horario de recollida de notas e devolución dos libros de texto:
- 10:00 a 10:30, 1º ESO
- 10:30 a 11:00, 2º ESO
- 11:00 a 11:30, 3º ESO
- 11:30 a 12:00, 4º ESO
TODO O ALUMNADO DO CENTRO DEBERÁ TRAER OBRIGATORIAMENTE A DOCUMENTACIÓN COVID-19 O DÍA DA PRESENTACIÓN E ENTREGALA AO TITOR OU TITORA DO SEU GRUPO.
Datas de presentación POR CURSOS
O día da presentación unicamente virá ó centro educativo o curso correspondente.
O alumnado traerá unha libreta e un bolígrafo.
CURSO | DATA | HORA |
1º e 2º ESO | Mércores 23 de setembro | 11:00h-13:30h |
3º ESO | Xoves 24 de setembro | 11:00h-13:30h |
4º ESO | Venres 25 de setembro | 11:00h-13:30h |
-Haberá servizo de transporte. O recorrido comeza as 10.30h.
-Os días da presentación, a saída do alumnado no transporte será ás 13:45h
-Os días de presentación NON haberá servizo de comedor.
-O luns 28 de setembro todos os curso comeza en horario habitual, de 8:30h a 14:10h. Asemade, o luns terán clase pola tarde de 15:20h a 17:00h.
-O servizo de comedor comeza o luns 28 de setembro en horario de 14:45h a 15:20h.
-Recordade que este curso escolar, por mor da organización do servizo comedor en dúas quendas, o transporte do alumnado do IES o Mosteirón sairá as 15:20h todos os días, agás o luns que sairá as 17:00h.