Eventos
Luns Agosto 31, 2020
Start: 31/08/2020 12:28
COMEZO DE CURSO 2020-2021
Estimadas familias, para poder comunicarvos toda a información relativa ao inicio do curso escolar, estamos á espera de que a Consellería publique a actualización do protocolo Covid, tras a reunión mantida o pasado xoves 27 de agosto entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas.
CONSULTADE DE XEITO REGULAR ESTA PÁXINA WEB.
Start: 31/08/2020 12:35
INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO
- Manten a distancia de seguridade, 1,5 metros, en todo o recinto escolar.
- Debes usar a máscara de proteción en todo momento.
- Consultar na porta de entrada a aula correspondente de cada proba que teñas que facer.
- Recorda realizar a hixiene de mans ao entrar no centro, ao entrar na aula e a saída da mesma. Atoparás dispensadores de hidroxel en todos os espazos.
- Circula sempre pola túa dereita, en escaleiras e corredores.
- Recorda que debes traer o teu propio material ( non esquezas a calculadora se a precisas). A mochila, a roupa de abrigo e o materíal debes colocalo na túa mesa e cadeira, non empregues nin colgadores nin taquillas.
- Se precisas ir ao aseo, deberás usar o da primeira planta. O seu aforo máximo permitido é de 2 persoas.
- Permanece no centro o tempo indispensable para realizar as probas. No caso de que teñas tempo libre entre distintas probas, deberás permanecer na cafetaría mantendo sempre a distancia de seguridade (1,5m).
- Ventás, portas, persianas e estores, interuptores e demáis material que non é persoal so o pode manipular o profesorado.
- As nais, pais ou titores non poden entrar o centro, deben esperar fora do recinto escolar.