CONCERTO DIDÁCTICO
O Departamento de Música organizou unha saída a Santiago de Compostela para asistir a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia. Isto realizouse o día 19 de xaneiro cos grupos de 3º da ESO A e B cun total de 46 alumnos e alumnas, os dous profesores de música Ángeles de la Sota e Miguel Besada Costa, a profesora de Lingua Castelá de 3º ESO Rosa Rodiño e mais a profesora lectora de inglés Vienna.
A interpretación correu a cargo da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalabe. A obra interpretada foi a 8ª sinfonía de Beethoven.
A actividade comezou ás 11 da mañá e durou unha hora e media, porque aínda que a obra non é tan longa, o director paraba o concerto despois de cada movemento para explicar fragmentos ou poñer exemplos musicais. O comportamento de todo o alumnado foi excelente.