Convocadas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior en Galicia 2016.

Convocadas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior en Galicia 2016.

Publicouse a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior  para o ano 2016.

PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO
 
REQUISITOS DE INSCRICIÓN: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2016. 
PRAZOS DE INSCRICIÓN: Entre o 4 e o 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
 CELEBRACIÓN DA PROBA: 25 de maio de 2016.
 
PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2016.
PRAZOS DE INSCRICIÓN: Entre o 15 e o 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos
CELEBRACIÓN DA PROBA: 20 de abril de 2016.

IMPORTANTE: NOVIDADES DA CONVOCATORIA  DE  2016, EN RELACIÓN CO ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR.

OS TITULADOS EN TÉCNICO DE GRAO  MEDIO TEÑEN ACCESO DIRECTO OS CICLOS SUPERIORES.

Quen acredite estar en posesión dun título de técnico  de formación profesional ou de bacharelato unificado e polivante (BUP) terá acceso directo aos ciclos de grao superior de formación profesional, nas condicións de admisión que se determinen, segundo a modificación introducida pola LOMCE no artigo 41.3 da LOE, e xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos.

Enlace para descargar documentos con información adicional nestes enlaces:

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 2016

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR 2016