Skip to Content

CURSO 2020/2021

VIAXE A PORTUGAL DE 4º DE ESO.

 

Entre os días 10 e 15 de marzo de 2024 tivo lugar a viaxe de fin de etapa de 4º de ESO a Portugal. Na viaxe o alumnado de 4º de ESO estivo acompañado polas nosas compañeiras Margarita Fernández Iglesias, Yolanda Gondell Delgado e Begoña Martínez Carballido e polo noso compañeiro Juan Colao Barbas. Na viaxe visitaron diferentes lugares de interese e cidades do noso país irmán. Tendo como base a zona de Costa da Caparica (arredores de Lisboa) visitaron a propia capital lisboeta (Belém, o Chiado, o Oceanario e outros lugares de interese de Lisboa), a Serra da Arrábida, o Cabo espichel, Sesimbra, Estoril, Cascais, a Boca do Inferno, un parque de aventuras, Sintra  (o Palacio da Pena, a Quinta da Regaleira...), Porto, Coimbra e outros lugares.

Aquí tedes unha escolma en fotos da viaxe:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Catalogación de Plantas

Elaboración dun pequeno catálogo de Plantas realizado na materia de Ciencias Naturais de 1º de ESO.

 

Reportaxe fotográfica

I Recreación GALLAECIA VIVA

O alumnado de 1º de ESO asistiu a un seminario sobre as mulleres e a sociedade na Roma clásica que correu a cargo da asociación de recreación histórica Gallaecia Viva.

PEQUENA REPORTAXE FOTOGRÁFICA

Representación da obra "VOAXA E CARMÍN

Para visionar a peza teatral entrade dende esta ligazón

Pequena reportaxe fotográfica AQUÍ

Estrea da obra teatral VOAXA E CARMÍN

O grupo de teatro do IES Monte das Moas presenta a obra "Voaxa e Carmín" de Esther F. Carrodeguas no salón de actos o  venres 4 de xuño ás 11:30.

 

 

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2015-2021

O pasado venres 14 celebrouse no noso instituto un pequeno pero emocionante evento, acorde ás medidas Covid, no que despedimos á promoción de 2º de Bacharelato deste ano.

   

Edición de vídeos

O alumnado de TIC de 2º de Bacharelato terá un obradoiro en varias sesións  sobre edición de vídeos a mans da  comunicadora Belén Puime Bao.

A actividade está organizada polo Departamento de tecnoloxía.

TOPONIMIA DA CORUÑA: Charla de Iván Méndez López.

O pasado martes 6, o alumnado de 1º de BAC A e B tiveron a oportunidade de asistir a unha interesante charla sobre toponinia da cidade da Coruña e do bariio do Castrillón impartida polo profesor e investigador Iván Méndez.

A charla foi organizada polo departamento de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do centro.

Máis fotos

 

DÍA DA MULLER: Coruñesas ilustres

Exposición-homenaxe a mulleres ilustres da provincia da Coruña que representan ou representaron diversos sectores da nosa sociedade.

Pódese seguir online a través dos diferentes códigos QR dos cartaces expostos no instituto ou ben seguindo este código QR que nos leva a todo os traballos realizados por mulleres da comunidade educativa do noso centro.

Visita virtual didáctica. “As Miradas de Isaac”

Videoconferencia co Museo Gaiás para realizar unha visita didáctica á exposición sobre Isaac Díaz Pardo co título "As miradas de Isaac"

A actividade se realizará en 4º de ESO A durante a materia de galego.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut